Gran participación de Galicia no Europeo sub 21 que se celebrará na segunda quincena de agosto (do 24 ao 27) en Tallín (Estonia). Os galegos clasificados para este torneo son Arlet Ortiz (-57, Mat´s), Yadira Reimúndez (-55, Mat´s), Cloe Iglesias (-62, Patiño), Ainoha García (-67, Couto), Tania Castiñeira (+73, Hebe), Desiree Rivadulla (+73, Suh Sport), Nuria Cernadas (+73; Natural Sport), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Adrián Salanova (-74, Maniotas).

 

E para preparar este gran evento, os nosos deportistas foron convocados pola Real Federación Española de Taekwondo á concentración Puente á excelencia 2021, que se realizará do 2 ao 12 de agosto no CAR de Murcia.

 

Europeo cadete

 

Nestas mesmas datas e no mesmo lugar, tamén se concentrará o equipo español cadete que participará no Europeo desta categoría, coa presenza de tres galegos: Pablo Torrado (-41, Costado) , Nadia Bouzas (-37, Kae Sport) e Noa Romero (-44, Natural Sport).

 

Para todos eles, moita sorte e a traballar moi duro!!!

Print Friendly, PDF & Email