A Federación Galega de Taekwondo celebrará este sábado 21 de setembro en Pontevedra (Auditorio do Centro Príncipe Felipe) a gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2023, na que se fará un repaso aos éxitos das e dos deportistas, adestradores/as; clubs e xuíces galegos nese período.
O ano 2023 volveu ser un ano cheo de éxitos para o taekwondo galego, tanto a nivel nacional como internacional. E so hai que botarlle un ollo ao listado de premiados/as e os seus méritos. Así, entre os premiados de técnica temos campións de Europa, como a parella de técnica júnior formada por Laura Álvarez e Marco García, que tamén foron prata a nivel individual, mentres que en freestyle Manu Paz logrou o primeiro Europeo en Austria. Ademais en combate, Mateo Boudjenane e Helena García, os premiados promesas, lograron o título de campións de Europa júnior; os deportistas absolutos Tania Castiñeira e Sergio Troitiño, este aínda con 20 anos, mandaron a nivel nacional e lograron grandes resultados nos open internacionais.
Haberá premios para clubs, deportistas, xuíces, adestradores, entidades, institucións, medios de comunicación e moitas persoas que colaboraron no crecemento do taekwondo galego.
Será unha gala chea de sorpresas, emoción, sorrisos e tamén música, que chegará da voz e a guitarra de Mario Rivergood. O acto comezará ás 19:30 horas no auditorio do Centro Príncipe Felipe, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que cedeu estas instalacións para o devandito evento.
PREMIOS DA FGT 2023
PREMIO HAPKIDO: Sam Mu Dojang
MELLOR EQUIPO PROMESA: Parella Técnica Júnior – Laura Álvarez e Marco García
MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: Parella Técnica Absoluta – Tomás Fernández e Raquel Guillén
MELLOR ADESTRADOR/A: Jesús Benito
Parataekwondo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Paula Treus Redondo
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Javier Fernández Allo
Freestyle
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Hebe
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Antón Sabín Rendo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Ángela Paz Romero
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Manuel Alejandro Paz Romero
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Celia García Blanco
Técnica
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Neka
MELLOR ÁRBITRO DE TÉCNICA: Nerea Paradelo
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Marco García Martínez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Laura Álvarez Suárez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Alejandro Losada Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Raquel Guillén Sánchez
Combate
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE COMBATE: Natural Sport Riveira
MELLOR ÁRBITRO DE COMBATE: Verónica Piñeiro Muñiz
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Helena García Suárez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Mateo Boudjenane Liñares
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE COMBATE: Tania Castiñeira Etcheverria
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE COMBATE: Sergio Troitiño Amoedo
MENCIÓNS
MENCIÓN INSTITUCIÓN MÁIS COLABORADORA
Deputación de Pontevedra
MENCIÓN ENTIDADE PRIVADA MÁIS COLABORADORA
Ence
MENCIÓN MEDIO COMUNICACIÓN ESCRITO
Diario de Pontevedra
MENCIÓN MEDIO COMUNICACIÓN DIXITAL
Pontevedra Viva
TRAXECTORIA NO MUNDO DO TKD
Óscar Rey Villar
Pedro Iván Rodríguez Garrapucho
Marco Carreira Corredoira
José Manuel López Hermida
MENCIONS DE HONRA CLUBS ACTIVOS MÁIS DE 30 ANOS
Mace Sport
Couto