O Pavillón Municipal Príncipe Felipe de Pontevedra acollerá este sábado 6 de xuño unha nova edición do Open Cidade do Lérez de Taekwondo, que reunirá a un total de 620 persoas entre deportistas, técnicos/as, xuíces e voluntarios/as.

 

Na competición participarán 467 deportistas pertencentes a 42 clubs procedentes de Galicia, do norte de España e de Portugal, consolidando unha vez máis o carácter interrexional e internacional do evento. Do total de deportistas inscritos (240 homes e 227 mulleres), aproximadamente o 91% proceden de fóra do municipio de Pontevedra, mentres que arredor do 15% chegan desde fóra de Galicia.

 

A competición desenvolverase simultaneamente en 8 pistas de combate, en xornadas de mañá e tarde.

 

Horarios da competición

 

Dende as 09:00 horas

* Absoluto

* Cadete Masculino

* Precadete

 

Dende as 15:30 horas

* Júnior

* Cadete Feminino

* Infantil

 

A entrada será totalmente gratuíta para o público, que poderá gozar durante toda a xornada do mellor taekwondo de base e competición.

 

O evento contará ademais coa cobertura audiovisual da empresa Mundotaekwondo, especializada na difusión deste deporte a nivel nacional e internacional, contribuíndo á promoción do Open Cidade do Lérez e á proxección da cidade de Pontevedra dentro da comunidade do taekwondo.

 

A organización destaca o importante impacto deportivo, turístico e económico que unha competición destas características xera na cidade, convertendo Pontevedra nun punto de encontro para centos de deportistas, técnicos e familias durante toda a fin de semana.

Print Friendly, PDF & Email