O domingo 15 de xaneiro celebrarase o Campionato Galego Absoluto de Combate 2023, no Pavillón Municipal da Raña en Marín, coa participación das e dos mellores competidores galegos. Entrada gratuíta.

 

O torneo comezará ás 09:30 horas cun total de 80 participantes, entre os que teremos medallistas internacionais e nacionais. Así destaca a presenza dos deportistas locais Iván García (subcampión do mundo en 2022), Sergio Troitiño (campión de Europa júnior 2022) ou Arlet Ortiz, e outros como o veterano José Fernández, Samuel Meilán, Adrián Salanova, Sara Cortegoso, Yadira Raimúndez ou Miryam García.

 

A competición celebrarase en sesión matinal e disputarase nos tres tapices dispostos no pavillón da Raña, coa participación de preto de 80 taekwondistas, case 40 técnicos/as e máis de 20 árbitros/as.

 

O campionato será organizado polo club Mat´s, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Marín. A entrada é gratuíta, pero dende a organización solicitan a colaboración coa protectora de animais Respeta, que instalará un stand no pavillón onde recollerán comida para mascotas.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email