O domingo 24 de novembro celebrarase no Pavillón Polideportivo de Nigrán a Copa Xunta de Galicia de técnica infantil e adulto, con máis de 550 participantes de toda Galicia.

 

A competición comezará ás 09:30 horas coa celebración da Copa Xunta de Galicia de técnica categoría competitiva (adulto e infantil), no que participarán aproximadamente máis de 160 deportistas en busca de puntos para o ranking galego.

 

O prato forte chegará pola tarde, a partir das 16:00 horas, xa que máis de 400 deportistas noveis participan na categoría amateur, tanto nenos como adultos. O obxectivo fundamental desta competición é a promoción do deporte e darlle a posibilidade de competir a deportistas menor expertos.

 

A Copa Xunta de técnica é organizada polo club Sey, por delegación da Federación Galega de Taekwondo, e coa colaboración do Concello de Nigrán e a Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email