Rematou o Campionato de Europa de técnica e freestyle de Seixal (Portugal) cun ouro para Galicia! A parella formada por Raquel Guillén e Alejandro Losada (Tao) proclamouse campioa de Europa en parella 1, cunha actuación espectacular na final.

Alex e Raquel pasaron á final como cuartos, pero se reservaron para o momento decisivo. Na final o dúo vigués foi moi superior aos seus rivais para alcanzar o título europeo.

 

A competición dos nosos competidores finalizaba con Óscar Rey (Kiap) en máster 3. Os nervios foron decisivos no primeiro pumse e iso lle lastrou, xa que no segundo demostrou que ten nivel para estar no podio continental.

 

Así, o taekwondo galego pechou a súa actuación no Europeo de Portugal cun total de dous ouros, cinco pratas e catro bronces.

 

Print Friendly, PDF & Email