O Campionato Galego Cadete e Sub 21 de combate celebrarase mañá 23 de abril no Pavillón de Reibón (Moaña) cunha participación de 230 deportistas, 40 técnicos e 30 árbitros, pertencentes a 29 clubs. O máis novidoso é que será o primeiro torneo que se celebre sen restricións dende hai dous anos, ao non ser obrigatorio o uso de máscaras.

 

O sábado, de 9.30 a 14:30 horas, celebrarase o Galego Cadete coa participación de 130 deportistas. Pola tarde (de 16 a 20:00 horas) terá lugar o torneo sub 21 cun total de 100 taekwondistas.

 

O torneo é organizado polo club Patiño-Moaña e o Concello de Moaña, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. A entrada será gratuíta.

Print Friendly, PDF & Email