O club de taekwondo Mat´s recibiu o premio Lazo Violeta 2022, concedido polo Concello de Marín, en recoñecemento o seu labor de formación en autodefensa da muller ante situacións de risco.
O acto de entrega tivo lugar o día 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no salón de acto da Casa Consistorial, e o premio foi recibido polo presidente do Mat´s, José Ángel Torres. No mesmo a profesora de defensa persoal Rebeca González, ligada desde sempre ao Mat’s, tomou a palabra para poñer de manifesto a necesidade e compromiso real para loitar contra a violencia de xénero. Rebeca estivo impartindo recentemente un curso de defensa persoal dirixido a mulleres noMat´s.
Moi orgullosos dos nosos!
Print Friendly, PDF & Email