A Federación Mundial da Kukkiwon de Taekwondo recoñeceu ao Mestre Seung Han Shin Jang, responsable do Club Han’s Horang-I de Betanzos, co Premio á Persoa Orgullosa do Taekwondo 2025. Trátase dun galardón de enorme prestixio, que só reciben 14 persoas en todo o mundo nas distintas categorías, e que pon en valor o labor deportivo, técnico e humano de referentes internacionais do taekwondo.

 

A cerimonia de entrega celebrouse o pasado 28 de agosto no Centro de Adestramento Central da Kukkiwon en Corea do Sur, e contou coa presenza de arredor de 150 personalidades do taekwondo mundial, incluíndo directivos da organización, presidentes de federacións provinciais e municipais, e adestradores de alto nivel.

 

O mestre Seung Han, instalado en Galicia dende o ano 2021, foi distinguido na categoría de Atleta, un recoñecemento avalado polos seus méritos máis recentes, entre eles a medalla de ouro no Campionato do Mundo de Poomsae 2024 en Hong Kong.

 

Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos trasladarlle a nosa noraboa polo recoñecemento!

Print Friendly, PDF & Email