Fantástico o traballo do noso quinteto+18 anos de freestyle no Mundial de Hong Kong! O equipo galego (formado por Alejandro Losada García, Bárbara di Martino, Iago Gil, Manu Paz e Iria Rodríguez) logrou o pase á final na oitava posición nunha semifinal formada por 15 equipos. Xa na final o quinteto fixo un pase fantástico, o que lle permitiu empatar a puntos co sétimo clasificado, Alemaña.
Mañá será a quenda para Alex Camba (Neka) en sénior 1 (técnica), mentres que en freestyle -17 anos, competirán nas probas individuais masculina e feminina, Pepe Soto (Taekwondo Sada) e Xulia González (Yidam CEIP Balaídos).
Moita sorte rapaces!