O sábado 11 de maio (a partir das 09.00 horas) celebraranse en Ordes (pavillón Castelao I) os Campionatos Galegos Sub 21 e Cadete, que reunirán a 208 deportistas pertencentes a 28 clubs de toda Galicia e 24 árbitros.

Hoxe celebrouse no Concello de Ordes a presentación do evento, coa participación do alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo; a tenente de alcalde, Ana Soneira; a presidenta da Asociación de taekwondistas da comarca de Ordes, Cruz Cendal; a vicepresidenta da Federación Galega, Esperanza Meilán e o presidente do club Boudsport, Cristóbal Boudjenane.

O torneo cadete comezará ás 9 da mañá con 128 participantes (61 na categoría masculina e 67 na feminina). O Galego será moi importante para definir a selección galega que participará no Campionato de España no mes de xuño. Este ano a selección galega cadete será completamente renovada, con xente moi nova, pero o certo é que o seu rendemento no Open de España foi espectacular, ao lograr o primeiro posto por equipos.

O Galego sub 21 celebrarase pola tarde (a partir das 15:30 horas) con 80 participantes (44 homes e 36 mulleres). Entre os participantes, campións de España e medallistas internacionais.

Print Friendly, PDF & Email