Mañá sábado 11 de marzo celebrarase a segunda edición do Open Alda Sada Marina de técnica e freestyle, que reunirá a 430 participantes pertencentes a 13 clubs galegos.
O torneo, incluído no ranking galego de técnica e freestyle, celebrarase en horario de mañá (de 09:00 a 15:00 horas) no Pavillón Municipal de Sada, no que se instalarán cinco tapices para a competición. De 09:00 a 14:00 horas realizarase a competición de técnica e a partir das dúas será a quenda da modalidade de freestyle.
Unha das novidades neste torneo é a celebración do Duelo Protec: Nas categorías individuais realizarase un enfrontamento de campións. O campión masculino fronte á campioa feminina da súa categoría nun único poomsae de libre elección. Os árbitros/as elixiran ao gañador por un sistema de bandeiras.
A entrada ao pavillón será gratuíta, pero a organización solicita a colaboración tanto das e dos participantes coma do público, xa que se vai realizar unha recollida de alimentos e produtos de hixiene a favor de Cruz Roja de Sada.
Ademais, haberá monitor de tempo libre con talleres para os nenos e nenas de forma gratuíta, así como sesións personalizadas de fotografía deportiva profesional. E para rematar, sinalar que se sorteará un dobok entre todos os asistentes que participen no sorteo que o Taekwondo Sada está a realizar a través do seu Instagram (clubtaekwondosada).
O club organizador do evento é o Taekwondo Sada-Alda Hotels, que conta coa colaboración do Concello de Sada, a Federación Galega de Taekwondo e Protec Europe.