Preto de catrocentos deportistas participarán o sábado 11 de xuño na novena edición do  Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 10:00 horas) organizado polo Taekanart de Pontevedra.

 

Hoxe celebrouse no Concello de Pontevedra a presentación do evento, que regresa despois de dous anos de ausencia pola COVID-19. No acto informativo participaron o concelleiro de Deportes, Tino Fernández; a deputada provincial de Emprego, Raquel Giráldez; a vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Esperanza Meilán; e o presidente do Taekanart, club organizador, Toño Ríos.

 

A actividade dará comezo o sábado ás 10.00 horas da mañá coa competición das categorías Infantil, Precadete e Sénior, continuando ás 15.00 horas da tarde con Cadete e Júnior. En total son 367 os deportistas inscritos, pertencentes a 32 clubs de Galicia e Portugal.

 

O evento, da modalidade de combate, é ranqueable de categoría RG2, polo que os resultados contan para a confección do ránking galego, que decidirá a formación das diferentes seleccións galegas.

 

A entrada para o público será de balde.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email