O sábado 14 de marzo celebrarase a quinta edición do Ranqueble Sada Marina de técnica infantil (individual, parellas e tríos) e freestyle – 17 con más de 400 participantes. Entrada de balde.

 

O torneo celebrarase a partir das 09:30 horas no Pavillón Municipal de Sada, no que se instalarán cinco tapices para a competición.

 

Este evento tamén terá un carácter benéfico, de forma que a organización solicita a colaboración tanto das e dos participantes coma do público, xa que se vai realizar unha recollida de alimentos para a protectora de animais Xuntos as Mariñas. Ademais, o club organizador, Taekwondo Sada, venderá camisetas Teamesp co obxectivo de recadar fondos para o Mundial de Técnica.

 

O club organizador do evento é o Taekwondo Sada, que conta coa colaboración do Concello de Sada e a Federación Galega de Taekwondo.

Print Friendly, PDF & Email