O sábado 18 de novembro celebrarase no Pavillón Municipal de Reibón (Moaña) a Copa Xunta de técnica e o Campionato Galego de Exhibición adulto, con cerca de 700 participantes de 32 clubs de toda Galicia.

 

A competición comezará ás 09:30 horas coa celebración do Campionato Galego de Exhibición (adulto). Posteriormente, comezará a Copa Xunta de Galicia de técnica categoría competitiva (adulto e infantil), no que participarán aproximadamente 150 deportistas en busca de puntos para o ranking galego.

 

O prato forte chegará pola tarde, xa que uns 470 deportistas noveis participan na categoría amateur desde os 5 anos ata os 60 anos, nunha xornada adicada a promoción e participación dos deportistas menor expertos.

 

A Copa Xunta de técnica é organizada polo club Patiño Moaña, por delegación da Federación Galega de Taekwondo, e coa colaboración do Concello de Moaña, Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e  Deputación de Pontevedra.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email