Pouco a pouco imos retomando a normalidade e proba diso é que esta fin de semana celebrarase en Cartagena (Murcia) o Campionato de España Júnior, coa presenza de público. Iso si, mantendo as medidas de prevención necesarias.

 

O Campionato de España Júnior celebrarase o sábado, dividido por categorías: Pola mañá será o cadro masculino e pola tarde o feminino. En xogo, ademais, a clasificación para o Campionato de Europa da categoría. Ademais ao día seguinte, disputarase o Campionato de España pre-cadete, onde a Federación Galega non despraza selección, aínda que si algúns clubs galegos levarán a deportistas pola súa conta.

 

A selección galega júnior, formada por 29 deportistas, viaxa con moita ilusión e despois de varias semanas de preparación, cos adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Xunto aos seleccionados viaxan os técnicos Pablo Carou, Raul Bouzas, Daniel Torrado e Modesto González.

 

Ademais, conta entre os convocados con deportistas xa con experiencia a nivel internacional e con títulos. Antes da viaxe as e os nosos deportistas farán o test de antíxenos para garantir a seguridade de todos.

 

En 2019, último Campionato de España Júnior celebrado, Galicia logrou en Valladolid o título de campioa de España Júnior por equipos. A selección galega foi a primeira clasificada tanto na xeral como na categoría feminina, mentres que na masculina ocupou a terceira posición.

 

 

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria da selección galega para este campionato de España.

 

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-xunior-02-10-21/

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email