Mañá sábado 20 de xaneiro celebrarase no Pavillón da Pinguela de Monforte de Lemos o Campionato Galego de Combate, Técnica e Freestyle, no que será a gran festa do taekwondo galego con medallistas nacionais e internacionais. Participarán en total uns 260 taekwondistas, 60 membros do staff técnico e 50 árbitros/as e este evento será clasificatorio para os Campionatos de España de cada modalidade.

 

A competición arrincará o sábado ás 09:00 horas da mañá co Galego Absoluto de Combate, que se disputará en tres tapices. No campionato participarán case 80 deportistas, entre os que contamos con medallistas internacionais e nacionais, polo que poderemos gozar dun gran espectáculo deportivo.

 

E continuaremos coa disputa do Galego de Freestyle, a partir das 13:15 horas, no que participarán 31 taekwondistas, tamén do máximo nivel internacional, para finalizar a partir das 16:30 horas co Galego de Técnica, que conta con 150 inscricións (máis 24 membros do corpo técnico), coa presenza de medallistas europeos e mundiais.

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email