O Campionato Galego Cadete e Sub 21 de combate celebrarase mañá sábado 22 de abril no Pavillón de Mondariz cunha participación de máis de 200 deportistas e case 30 árbitros.

 

O sábado pola mañá (a partir das 09:00 horas) celebrarase o Galego Cadete coa participación de case 130 deportistas, mentres que pola tarde (16:00) disputarasae o torneo sub 21 con preto de 100 taekwondistas. Entre as e os deportistas inscritos contamos con medallistas nacionais e incluso internacionais, polo que poderemos gozar dun evento de gran calidade.

 

O torneo é organizado polo club Clube LEAM, por delegación da Federación Galega de Taekwondo, en colaboración co Concello de Mondariz. A entrada será gratuíta.

 

Print Friendly, PDF & Email