A Federación Galega de Taekwondo celebrará este sábado 29 de xullo en Monforte de Lemos (Casa Da Cultura Lois Pereiro) a gala de entrega dos Premios do Taekwondo Galego 2022, na que se fará un repaso aos éxitos das e dos deportistas galegos nese período. Desta forma, a Federación recupera uns premios que hai máis de dez anos que non se outorgaban e se cumpre así un dos desexos da directiva encabezada por Juan Carlos Eiriz.
O ano 2022 está cheo de grandes momentos para o taekwondo galego, que brilla nos campionatos de España, pero tamén nas competicións internacionais. Proba diso son estes premios. Iván García, subcampión de Europa e do Mundo, e Alma Pérez, subcampioa de Europa, son os dous deportistas absolutos que recibirán o premio do taekwondo galego na modalidade de combate. Pero ademais o futuro ven moi forte con deportistas como Sergio Troitiño (bronce no mundial júnior) ou Noa Romero (novena no Mundial) en combate, ou Daniel Areán e Laura Álvarez en técnica, que acadaron a medalla de bronce en parellas no Mundial Júnior.
Haberá premios para clubs, deportistas, xuíces, adestradores… Son moitos os que colaboraron no crecemento do taekwondo galego e por iso a Federación Galega tamén entregará mencións honoríficas a persoas ou entidades que traballaron a prol do noso deporte.
PREMIOS DA FGT 2022
PREMIO HAPKIDO: Sam Mu Dojang
MELLOR EQUIPO PROMESA: Parella Técnica Júnior – Laura Álvarez e Daniel Areán
MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: Parella Freestyle +18 – Manuel Paz e Bárbara Di Martino
MELLOR ADESTRADOR/A: Noelia Pérez Estévez
Parataekwondo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Paula Treus Redondo
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PARATAEKWONDO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Francisco Rodríguez Noya
Freestyle
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Hebe
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Rubén Galdo Maira
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Irea Abuin Sánchez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Manuel Alejandro Paz Romero
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE FREESTYLE: Celia García Blanco
Técnica
MELLOR ÁRBITRO DE TÉCNICA: José Ángel Seguín Cid
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Neka
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Marco García Martínez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Laura Álvarez Suárez
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Tomás Fernández Herrerín Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE TÉCNICA: Raquel Guillén Sánchez
Combate
MELLOR ÁRBITRO DE COMBATE: Verónica Piñeiro Muñiz
MELLOR CLUB NA MODALIDADE DE COMBATE: Mat´s
MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Noa Romero Fernández
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA NA MODALIDADE DE COMBATE: Sergio Troitiño Amoedo
MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA NA MODALIDADE DE COMBATE: Alma María Pérez Parrado
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO NA MODALIDADE DE COMBATE: Iván García Martínez
MENCIÓNS
MENCIÓN MELLOR MEDIO COMUNICACIÓN
Atlántico Diario
La Voz de Galicia
TRAXECTORIA NO MUNDO DO TKD
José Salvador Fontán Vilella
Jose Manuel Soto Dapena
Jose Ulpiano Loren Rodríguez
Francisco Israel Tilve García
Jose Angel Seguín Cid
Ignacio Antonio Granero Martín
Luis Manuel Edreira Fraga
Juan Carlos Caínzos Gomez
Juan Carlos Martinez Suárez
Mercé Barrientos Varela
MENCIONS DE HONRA CLUBES ACTIVOS MÁIS DE 35 ANOS
BUDO
TAO
KIAP
MOODUKWAN
GARRAPUCHO
KWON
MAT`S
SUH
TRABAZOS
LEE