O sábado 8 de marzo celebrarase o Torneo Sada Marina de técnica e freestyle con case 600 participantes das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Entrada de balde.
O torneo, incluído no ranking galego de técnica e freestyle, celebrarase a partir das 09:00 horas no Pavillón Municipal de Sada, no que se instalarán sete tapices para a competición.
Este evento tamén terá un carácter benéfico, de forma que a organización solicita a colaboración tanto das e dos participantes coma do público, xa que se vai realizar unha recollida de alimentos e produtos de hixiene a favor de Cruz Roja de Sada.
Ademais, haberá unha monitora de tempo libre para organizar actividades cos máis pequenos e pequenas.
O club organizador do evento é o Taekwondo Sada – Clínica 4CES, que conta coa colaboración do Concello de Sada e a Federación Galega de Taekwondo.








