Unha nova actividade do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia xunto co taekwondo galego. Nesta ocasión é o club Sares TKD o que está a desenvolver o proxecto “Taekwondo Verán 2022” durante os meses de xullo e agosto en Cangas.
En que consiste este proxecto? Son grupos de iniciación ao taekwondo (separados por idades) nunhas clases que se desenvolven todos os días de 10 a 13:00 horas no Centro Social de Cangas e no IES de Rodeira. O Sares oferta un total de 60 prazas gratuítas) cun dous obxectivos fundamentais: dar a coñecer o taekwondo e facilitar a conciliación familiar.
O proxecto Corresponsables, asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Balonmán, ten como obxectivo prioritario “actuar con programas e accións que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes, fomentando a corresponsabilidade e favorecendo a conciliación dás familias con nenas, nenos, mozas e mozos menores de 16 anos inclusive”. Pero sen esquecer o fomento da práctica deportiva e a adquisición de hábitos de vida saudable, así como a creación de emprego de calidade no noso sector.