O taekwondo galego está de loito pola perda dun dos seus membros. Hai uns días finou Mariano Balbuena, Nano, un practicante de taekwondo de toda a vida e ademais unha persoa que coa súa profesión e paixón nos axudou a medrar. Nano, protésico dental, foi o primeiro en facer os protectores bucais adaptados para as e os rapaces do CGTD, dando un paso importante na seguridade do taekwondista.

Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos mandarlle un abrazo a súa familia e amigos e acompañalos nestes duros momentos.

Print Friendly, PDF & Email