O Taekwondo Galego está de loito pola perda do noso compañeiro Alejandro Costado Lima, director e adestrador do clube Suh Sport de Pontevedra.
A Federación Galega de Taekwondo desexa sumarse á dor da súa familia e amigos e acompañalos nestes duros momentos.
Asimesmo, informamos que o funeral se celebrará este luns día 10 na capela do Mosteiro de Poio ás 19.00 horas.