O taekwondo galego volveu demostrar o seu nivel nunha competición internacional coa participación de deportistas e árbitros no III Open Taekwondo Mestre Armando Hilario Torneo de Praia Nazaré, celebrado o pasado 20 de xuño na localidade portuguesa de Nazaré.
O torneo, de taekwondo praia, celebrouse nun escenario diferente, co calor, sol, neboa e unha gran participación. Os clubs galegos AC Taekwondo de Sarria, Kiap Vigo, Neka e I have a Dream, estiveron presentes nesta cita, na que tamén tivo un papel destacado a representación arbitral galega, formada por María Bautista, Conchy Martínez, José Ángel Seguín, Francisco Israel Tilve, Nerea Mora e Icía Marcos.
Grandes resultados
A participación galega deixou unha importante colleita de medallas no III Open Taekwondo Mestre Armando Hilario de Nazaré.
O AC Taekwondo de Sarria foi un dos grandes protagonistas da xornada, proclamándose campión absoluto do torneo. O club conseguiu o primeiro posto na clasificación de Kups feminina, o segundo en Kups masculina e os primeiros postos nas categorías Dan masculina e feminina.
Os seus resultados foron:
Ouros: Carla Rodríguez (sub 9 feminino); Martín Varela (sub 9 masculino); Martín Varela e Carla Rodríguez (parella sub 9); Aylen Pumarega (sub 11 feminino); Ginés Díaz (sub 11 masculino); Aylen Pumarega e Ginés Díaz (parella sub 11); Mateo Fernández (junior masculino); Hugo Sánchez e Abi Martínez (parella cadete), Iria Gasamáns (sub 40 feminino) e Miguel López (+51 masculino).
Pratas: Mauro García (sub 9 masculino); Claudia Fernández, Uriel Gutiérrez e Cleopatra Celeiro (trío sub 17 feminino), e Brais Lombardero (cadete adulto); Ruby Solana (sub 30 Kup feminino).
Bronces: Sergio Castro (sub 9 masculino); Cloe Núñez (sub 9 feminino); Claudia Fernández (sub 14 feminino); Uriel Gutiérrez (sub 17 feminino); Uriel Gutiérrez e Samuel Marón (parella sub 17); Hugo Sánchez (cadete adulto), Rubén Varela (+50 masculino); Rubén Varela e Verónica Quiroga (parella sub 50).
O Neka tamén tivo unha destacada actuación, sumando 6 ouros, 3 pratas e 2 bronces:
Oros: Daniela Varela (sub 14, 2º KUP); Alicia Castro (sub 17 DAN); Álex Camba (sub 30 DAN); Lola Díaz (sub 11, 3º KUP); Gabriel Pinto (sub 11, 3º KUP) e o trío sub 14 formado por Alba Díaz, Inés Casal e Alicia Castro.
Pratas: Gael Díaz (sub 11, 3º KUP); parella Lola Díaz e Gabriel Pinto (sub 11, 3º KUP) e trío Iván Castro, Gael Díaz e Gabriel Pinto (sub 11).
Bronces: Inés Casal (sub 14) e Alba Díaz (sub 14).
Pola súa banda, o Kiap Vigo tamén deixou a súa pegada no torneo:
Ouro: Óscar Rey (+65 masculino DAN).
Prata: Lucía Penín e Lucas Martínez (parella -30).
Bronces: Ana Vieira (-60 feminino DAN), Efrén Alonso (-40 masculino DAN) e Lucas Martínez (-30 masculino DAN).
Fair Play para Vega
Ademais dos éxitos deportivos, o Open de Nazaré deixou unha fermosa mostra dos valores que representa o taekwondo. José María Vega, director e adestrador do club Neka, recibiu o recoñecemento Fair Play coa tarxeta branca, un premio que se entrega en Portugal ás persoas que realizan unha boa acción dentro dun recinto deportivo.
A competición prolongouse ata ben entrada a noite e as condicións da praia complicaron o desenvolvemento da xornada. A humidade e a néboa mariña provocaron que o tapiz comezase a mollarse, xerando unha situación de risco para os deportistas, especialmente nas probas de sub 30 individual e freestyle.
Para garantir a seguridade dos participantes, Vega encargouse de secar o tapiz cada vez que saía un competidor, fora ou non do seu club. En total, saíu ata 16 veces a limpar a superficie, axudando a que todos os deportistas puidesen continuar competindo nas mellores condicións.
Unha nova xornada na que o taekwondo galego volveu destacar non só polos seus resultados, senón tamén polo seu compromiso cos valores deportivos e coa deportividade.








