O taekwondo galego tamén brillo una modalidade de combate no XIII Open Ciudad de Pamplona, coa participación de deportistas de varios clubs galegos e unhas cantas medallas de botín.

 

En sénior, Desiree Rivadulla (+73, Suh Sport) acadou o ouro, tras superar na final a Silvia Boix (6-0), e Marcos Silva (-58, Mace Sport) logrou a medalla de bronce.

 

Na categoría júnior, moitas medallas galegas. En -63 puidemos gozar dunha final galega. Mateo Boudjenane (Boudsport) logrou a primeira posición tras gañar catro combates. En primeira rolda superou a Alex Carrasco (Studio Fran Martín); en segunda a Alejandro Cernadas (Natural Sport); en semifinais a Ramón Benítez (Taekwondo Teruel) e na final ao tamén galego Diego Álvarez (Taekwondo Sada-Alda Hotels) por  6-15. Pola súa banda Diego Álvarez comezou a súa competición ante Marc Ribes (TKD Solsona) con triunfo claro (8-0). Despois eliminou a Kevin Dean (Natural Sport) e Miguel Martín, para plantarse na final.

 

Alberto Martín (-55, Taekwondo Sada-Alda Hotels) logrou a medalla de prata, gañando dous combates e perdendo na final ante Isaac Vives. Pola súa banda, o seu compañeiro de club, Javier Jimenez, acadou o bronce tras superar dúas roldas con claridade e caer na semifinal ante Raul Moreno (TKD Molero), que foi o gañador deste peso.

 

Na categoría júnior feminina, Inés González Riveiro (Polc TKD International School Pontevedra) acadou a medalla de ouro no peso pesado tras vencer en tres combates. En primeira rolda superou a Ángeles Gijón (17-8), posteriormente gañou en semis a Andrea Marín (15-7) e na final deu conta de Judith Ruano (24-4).

 

Sara Soneira (-59, Boudsport) foi bronce tras superar a Ainara Galán por 7-32 e ceder nas semifinais fronte a Mar García (TKD Avellaneda).

 

En cadete masculino, houbo tres medallas galegas en -45 quilogramos. O ouro foi para Pablo Torrado (Suh Sport) que tivo que gañar tres combates previos para meterse na final onde esperaba Alexander Hakobyan (Hankuk) ao que venceu nunha fermosa e competida loita. As medallas de bronce foron para Rodrigo Caamaño (Suh Sport) que foi eliminado en semis por Hakobyan e Noe Fajardo (Natural Sport Videlgi) que se encontrou con Torrado na semifinal. Antes ambos superaran dúas roldas.

 

En cadete masculino, houbo dous bronces máis, que foron para Juan Gabriel Torres (-57, Natural Sport Videlgi) e Mauro Fentanes (-54, Mace Sport), que superou dúas roldas.

 

Na categoría cadete feminina, ouro para Ada Hermelo (-37, Hebe) que logrou a primeira posición gañando dous combates. Na final superou a Lilou Gamel (Jorsan) por 22-3. Neste mesmo peso, houbo un bronce para Irene Rodríguez (Suh Sport) que gañou nos cuartos a Udane Martiartu (21-15).

 

Iria García (-51, Suh Sport) foi prata gañando dous combates de forma rotunda e caendo na final ante Inés Benetti (TKD Jorsan). Ademais, Alba Rey (+59, Suh Sport) tamén logrou a segunda posición, ao caer na final con Irune Jiménez (Federación Navarra). E rematamos cos bronces de Sara Romay (-47, Natural Sport) e Ainhoa Teira (-41, Natural Sport).

 

Na categoría máster, Cristóbal Boudjenane (-68, Boudsport) foi o gañador do seu peso ao superar na final a Eusebio López (Kimyeong Castelldefels) no punto de ouro (3-0). Ademais, en master 1, Iván Figueroa (-80, Natural Sport Videlgi) logrou o bronce.

Print Friendly, PDF & Email