O días 20, 21 3 22 de marzo celébrase o Torneo Vila de Moaña, no que participarán case 900 taekwondistas pertencentes a 48 clubs principalmente de Galicia e algúns do resto de España e Portugal, ademais de 80 árbitros, 125 técnicos e 60 voluntarios/as. En total 1.200 participantes nun torneo que por primeira vez se desenvolverá en tres días para cumprir coa normativa do aforo. Entrada gratuíta.
O evento arrancará o venres 20 ás 17:00 horas coa competición precadete e infantil de combate, no pavillón municipal de Reibón, sobre os seis tapices dispostos na instalación. O sábado será a queda das categorías cadete, júnior e sénior (tamén en combate), nunha maratoniana xornada de doce horas (de 09:00 a 21:00 horas). O torneo rematará o domingo, a partir das 09:00 horas, coa modalidade de técnica e freestyle.
Unha das grandes novidades da edición deste ano é que as finais masculina e feminina de combate absolutas serán retransmitidas por streaming pola productora Horizont, cos comentarios de Fernando rqr e Iago Gil. Farase en formato velada, con só a final en marcha nese momento e todos os ollos postos nesas finais.
Este torneo é organizado polo club Hebe, en representación da Federación Galega de Taekwondo, e conta co apoio do Concello de Moaña, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.








