Chegou en Antalya o primeiro ouro completamente galego. Foi da man do trío galego do Hebe, formado por Noelia Pérez, Vanesa Ortega e Sonia Pérez, que fixo un exercizo case perfecto e logrou así o ouro europeo con bastante diferenza sobre os seus competidores.

Foi un título tremendamente merecido. O trío do Hebe pasou á final en primeira posición e no seu último pase foi moi superior a todos os equipos. Incluso superaron ao equipo francés, que no último Mundial de Taipei as deixara sen medalla.

Ademais, no terceiro día do Europeo de Técnica e Freestyle de Antalya (Turquía) houbo máis medallas galegas. A parella 1 composta por Alejandro Losada García e Raquel Guillén (Tao), logrou o subcampionato de Europa, outro espectacular resultado para os nosos deportistas, que só quedaron por detrás da parella local dos irmás Yilmaz. E rematamos a xornada co bronce de Dani Areán (Neka) en individual cadete masculino.

Noraboa!

Print Friendly, PDF & Email