Esta fin de semana (1 e 2 de outubro, Pavillón do Rosal) celébrase o VI Open Internacional Vila de Moaña de combate, técnica e freestyle, no que será o primeiro torneo da presente tempada en Galicia. Ademais, significa o regreso do Open Internacional Vila de Moaña despois da pandemia (a última edición corresponde ao ano 2019).  O torneo forma parte do circuíto do ranking galego, tanto na modalidade de combate como en poomsae.

 

En total serán uns 700 participantes de máis de 40 clubs de toda a xeografía galega, do norte de Portugal, Asturias e Sevilla. O sábado 1 de outubro celebrarase a competición de combate con 380 taekwondistas, que buscarán os primeiros puntos da tempada nas cinco pistas dispostas no pavillón e con material electrónico de última xeración e vídeo replay. Pola mañá (09:00 horas) será a quenda das categorías absoluta e cadete. Aquí contaremos con algunhas baixas importantes, xa que se está a disputar o Europeo de Pesos Olímpicos sub 21, polo que deportistas importantes non poderán estar en Moaña. Pola tarde (16:00 h) chegará o momento dos júnior, infantil e precadete. A xornada do domingo comezará ás 09:00 horas coa competición de poomsae, na que están inscritos 205 taekwondistas.

 

O Club Patiño é o organizador por delegación da Federación Galega de Taekwondo e na organización do evento conta coacolaboración Concello de Moaña, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.

 

Entrada de balde

Print Friendly, PDF & Email