Xa coñecemos aos participantes na Copa de Galicia combinada online! En total son 80 as e os deportistas de Galicia e Portugal  inscritos, dende prebenxamíns a adultos.

Hai que recordar que a Copa de Galicia combinada online é unha nova competición creada pola Federación Galega de Taekwondo, nestes momentos nos que a competición en pavillóns aínda non é posible pola COVID-19. Neste torneo online as e os participantes realizan tanto exercicios de técnica como de combate

Os participantes tiveron que grabar e subir os vídeos cos seus exercicios de técnica e combate a unha plataforma e esta fin de semana realizarase a arbitraxe das semifinais desta competición. O luns 3 de agosto daranse a coñecer os resultados, así como os exercicios que habrá que presentar para a final. Ampliouse o prazo para a presentación de exercicios para a final ata o xoves 20 de agosto (13:00 horas).

 

Moita sorte a todas e todos os participantes!

Print Friendly, PDF & Email