O taekwondo galego volverá ter unha presenza destacada nunha gran cita internacional. O Campionato de Europa Sub-21, que se celebra en Kosovo entre o 11 e o 14 de decembro, contará coa participación de oito deportistas galegos, os cales acadaron a súa clasificación no Campionato de España da categoría, ou noutras citas internacionais.

 

Este Europeo chega, ademais, poucos días despois do Campionato do Mundo Sub-21 celebrado en Nairobi, onde a galega Carla Sesar logrou unha brillante medalla de prata, coa que puxo o broche de ouro a unha campaña excepcional.

 

A representación galega

As e os taekwondistas galegos clasificados para competir co equipo español son:

 

Carla Sesar (-57 kg, Natural Sport), Helena García (-73 kg, Dobok), Elisa Fernández (-53 kg, Garrapucho), Javi Otero (-54 kg, Natural Sport), Adrián Davila (-54 kg, Kae Sport), Adrián Salanova (-68 kg, Maniotas), Iago Mallo (-80 kg, Tao) e Sergio Troitiño (-87 kg, Mat’s),

 

A expedición galega complétase coa presenza dos técnicos Raúl Bouzas e Belén Asensio, que forman parte do equipo nacional, e de Carlos Manzano, que viaxa como adestrador do seu deportista, Adrián Davila.

 

Calendario de competición

A participación galega no Europeo desenvolverase da seguinte maneira:

 

11 de decembro:

Elisa Fernández (-53 kg)

 

12 de decembro:

Javi Otero (-54 kg)

Adrián Davila (-54 kg)

Iago Mallo (-80 kg)

Sergio Troitiño (-87 kg)

 

13 de decembro:

Carla Sesar (-57 kg)

Helena García (-73 kg)

 

14 de decembro:

Adrián Salanova (-68 kg), que pechará a participación galega

 

Moita sorte a todas e todos os nosos deportistas, que pechan con este torneo un ano excepcional no aspecto deportivo.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email