Os días 12 e 13 de agosto celebrarase no Colexio SEI – San Narciso de Marín, un seminario de alto nivel, que será impartido polo campión do mundo Rafael Alba e o subcampión mundial e de Europa Iván García.
Esta formación vai dirixida a deportistas das categorías cadete, júnior e sénior, que terán a posibilidade de aprender da man de dous grandes campións. O cubano Rafael Alba proclamouse campión do mundo nos anos 2013 e 2019 ,foi medallista no Gran Prix e medallista olímpico en Tokyo. Pola súa banda, Iván García logrou a pasada temporada o subcampionato do mundo e de Europa, ademais de conseguir unha medalla no Gran Prix de París. Tamén participarán neste seminario membros dos equipos nacionais de Ucraína, Lituania ou Inglaterra, entre outros.
O sábado haberá dobre sesión de traballo (mañá e tarde), mentres que o domingo, so se adestrará de mañá. Todas as persoas interesadas poderán reservar a súa praza no correo electrónico ivan8476@gmail.com. Son prazas limitadas!