Esta fin de semana (21 e 22 de decembro) celebrarase no Anexo do Pavillón dos Remedios de Ourense o Open de Ourense das modalidades de combate, técnica e freestyle, ademais do Open Deputación de Técnica.

 

En total, ao longo dos dous días, pasarán polo pavillón un total de 1.200 persoas, entre a suma de taekwondistas, membros do corpo técnico e arbitral. O torneo é rankeable para o ranking galego tanto na modalidade de combate como de técnica.

 

O sábado (de 9:00 a 20:00 horas) terá lugar a competición en combate con total de 400 inscricións, as que se sumarán 100 persoas máis entre técnicos/as e árbitros/as. O domingo 22 (de 9:00 a 19:00 horas) celebrarase o Open na modalidade de técnica e freestyle, ademais da Copa Deputación de Técnica. En total, 700 persoas no parqué do pavillón na xornada dominical.

 

Print Friendly, PDF & Email