O taekwondo galego volve amosar a súa fortaleza. A vindeira semana celebrarase o Mundial Cadete de Fujairah (Emiratos Árabes) e Galicia contará con tres representantes na selección española: Ángela Balado (+59, Mat´s), Arianna Deibe (-51, Kwon) e Dani Abeijón (-41, Natural), sendo a federación territorial con maior número de representantes.
Hoxe viaxou o noso equipo xunto ao técnico Pablo Carou en dirección a Fujairah, sede do Mundial, que se celebrará do 10 ao 14 de maio. A primeira en competir será Arianna, quen sairá ao tapiz o día 12, mentres que Ángela esperará ao día seguinte e Dani pechará o Mundial, o día 14.
Moita sorte rapaces!!!
#taekwondogalego #orgullososdosnosos #orgullosasdasnosas








