A Federación Española de Taekwondo deu a coñecer a convocatoria para os Open de Turquía e Sofía e na mesma figuran tres galegos: Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Manu Parada. Ademais, viaxando co seu club (e becados pola Galega) tamén participarán nestas competicións Arlet Ortiz e Iván García.

 

Estos torneos celébranse un tras outro, polo que as e os deportistas viaxarán de Sofía en dirección a Estambul para a seguinte competición. O Open de Sofía (Bulgaria) será o primeiro en celebrarse, do 5 ao 7 de marzo, e na convocatoria temos aos tres galegos que están a adestrar en Centros de Alto Rendemento. Manu Parada (-68) atópase no CAR de Madrid como externo, mentres que Sara Cortegoso (-46)  e Tania Castiñeira (+73) están internas no CAR de Barcelona. Posteriormente, terá lugar o Open de Turquía, en Estambul, do 8 ao 13 de marzo, cos mesmos protagonistas representando ao taekwondo galego.

Beca da Federación Galega
Ademais, fóra da convocatoria da Española, Arlet Ortiz (-57 quilogramos) e Iván García (+80) tamén competirán nos Open de Sofía e Turquía!  Eles viaxarán co seu club, o Mat´s, e ademais contarán cunha beca da Federación Galega de Taekwondo, para poder afrontar os gastos da viaxe.

Dende a Federación Galega queremos desexarlle moita sorte aos nosos taekwondistas nestas dúas citas internacionais!

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email