A galega Arlet Ortiz (-57, Mat´s) acadou a medalla de ouro no Open de Turquía (G-2), que se celebrou esta fin de semana en Ankara (Turquía). Arlet fixo un total de catro combates e venceu en todos eles en só dous asaltos.

 

A competición arrincou ante a competidora turca Yagmu Ispirli cun claro triunfo de Arlet que avanzou cara aos cuartos onde esperaba Eylul Mina Durdu. Nova vitoria da taekwondista galega que xa aseguraba un metal. Pero non era suficiente. Na semifinal Ortiz tivo que enfrontarse a kazaka Mariya Sevostyanova e novamente, Arlet fixo un gran traballo e logrou a clasificación para a final en só dous asaltos. E o mesmo sucedeu na final, na que se volveu enfrontar a outra competidora local, nesta ocasión Gulse Polat, e na que Arlet pechou a súa traxectoria impecable cara ao ouro neste Open de Turquía.

 

No peso pesado masculino tamén competiu Iván García (Mat´s), que segue sumando combates na súa posta a punto trala operación de xeonllo, que tivo lugar a comezos de ano. No Open de Turquía, Iván superou a primeira rolda, pero no puido nos cuartos ante o iraniano Arian Salimi, medallista mundial e finalmente vencedor do Open de Turquía. Foi un combate tremendamente axustado, que rematou nos dous asaltos con empate a puntos, pero Salimi tiña máis accións arriba, polo que obtivo a vitoria.

 

Print Friendly, PDF & Email