Éxito das nosas taekwondistas no G2 de Río! Tania Castiñeira (+73, Hebe) acadou o ouro, mentres que Alma Pérez (-53, Costado) foi bronce.

 

Como cabeza de serie número 1, Tania librou a primeira rolda e nos cuartos de final superou con claridade, en dous asaltos, a Gabriela Siqueira (Brasil). Na semifinal esperaba outra taekwondista local, nesta ocasión Raiany Pereira, e a nosa deportista volveu vencer en dous rounds. A final foi ante a canadense Rachel Fountain e Tania seguiu firme e segura, para impoñerse en dous asaltos e lograr así subir ao máis alto do podio.

 

Pola súa banda, Alma Pérez tamén arrincou o torneo ante unha taekwondista local, Larissa Nascimento e a galega superou a eliminatoria con facilidade en dous asaltos. A continuación, outra vez, enfrontouse a unha brasileira, e nova vitoria sen ter que acudir ao desempate. Desta forma, plantouse na semifinal onde loitou contra Laila Khan (Canadá), nun combate moi fermoso e igualado, que se decidiu por detalles. No primeiro asalto venceu Alma, pero a canadense non se rendeu e seguiu loitando para acadar o triunfo de forma tremendamente axustada (1-0 e 9-8). Khan logrou o título.

 

Noraboa rapazas!!!

 

#taekwondogalego #orgullosasdasnosas

 

Print Friendly, PDF & Email