O taekwondista galego Pablo Patiño (-68, Patiño) acadou a medalla de prata no Open de Bosnia (G-2), despois de facer catro roldas e de render ao máximo nivel.

 

O galego, que ía convocado polo equipo nacional, librou na primeira rolda, para enfrontarse en segunda ao bosnio Muhamed Djonko, ao que superou en dous asaltos. En cuartos de final tivo enfronte ao croata Mario Galic, e novamente Pablo vence con claridade en dous asaltos.

 

Na semifinal esperaba o búlgaro Aleksandar Dzhordzhev, que sufriu unha lesión e tivo que retirarse. Así, na final o rival sería o turco Emircan Turan e foi un combate do máis axustado, tanto que foron os árbitros os que decidiron o gañador. Cada deportista venceu un asalto e no terceiro ningún logrou puntuar, polo que foron os árbitros os encargados de tomar a decisión sobre o gañador, que caeu a favor do turco. Fantástica a actuación de Pablo Patiño neste Open que lle permite sumar puntos e ascender postos no ranking mundial e olímpico.

 

Noraboa Pablo!!

Print Friendly, PDF & Email