Xa está en marcha o Plan Corresponsables 2025 na Federación Galega de Taekwondo! Este ano participan neste proxecto seis ximnasios galegos (Sares TKD e Taekanart da provincia de Pontevedra; Couto, de Ourense e TKD Juan Cee, Dobok e Han´s Horang I, da provincia de A Coruña), que desenvolverán actividades deportivas para “axudar a conciliación familiar” durante os meses de agosto e setembro. A previsión é alcanzar a uns 500 nenos e nenas, que poderán practicar deporte, coñecer o noso deporte e facer amizades, sempre de forma gratuita.
Este programa, financiado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, arrincou no ano 2022, co obxectivo prioritario de promover a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio-deportivas para nenos e nenas de ata 16 anos de idade.
Por outra banda, esta actuación permite a creación de emprego de calidade no noso sector (en 2025, se contrataron a 8 técnicos/as), ademais de ser unha moi boa oportunidade de promocionar o noso deporte, ao poder chegar a un público diferente.
Proxectos en marcha
Taekanart, Sares-TKD e Juan Cee están a realizar proxectos de animación socio-deportiva, que pretende achegar os fundamentos da nosa disciplina a través de actividades lúdicas.
Pola súa banda, Dobok, Han’s Horang I e Couto (este último en Manzaneda) están a desenvolver campamentos orientados tanto ao deporte base como á tecnificación.








