O vindeiro 27 de setembro celebrarase no Pavillón Municipal de Poio a 1ª Copa Kukkiwon España de Taekwondo e a Copa de España de Exhibición, organizadas pola Real Federación Española de Taekwondo, coa colaboración da Kukkiwon en Corea e España, a Federación Galega de Taekwondo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Poio e o Club Mace Sport.

 

1ª Copa Kukkiwon España de Taekwondo reunirá as probas de Poomsae e Saltos, tanto na súa modalidade de altura (tuio nopi chagui) como de lonxitude (tuio yopchagui). Así mesmo, celebrarase tamén a Copa de España de Exhibición, modalidade na que os clubs galegos sempre brillan e sorprenden.

 

Todas as probas estarán adaptadas ás normativas oficiais da RFET, co obxectivo de favorecer a participación e garantir o máximo nivel deportivo.

 

En breve, a Federación Española de Taekwondo publicará as circulares informativas coas bases e prazos de inscrición.

Print Friendly, PDF & Email