Dúas medallas galegas no Open de Albania, celebrado a pasada fin de semana. Adrián Salanova logrou a prata, mentres que Javi Otero foi bronce e Helena García quedou moi preto das medallas, ao caer nos cuartos de final nun axustado combate.

 

Adrián Salanova (-68 kg, Maniotas) completou un formidable torneo, superando todas as roldas previas á final con vitorias por 2-0. Primeiro derrotou ao grego Georgios Kalogris, despois ao kazako Damian Sjulenov, ao búlgaro Stanislav Mitkov nos cuartos de final e ao grego Lampros Pappas na semifinal.

 

Na final enfrontouse ao seu compañeiro e amigo Iker Abad, representante do Hankuk, ante quen acabou cedendo. Durante o torneo, Marc Gracian exerceu como coach de Adrián neste torneo.

Javier Otero (-54 kg, Natural Sport) tamén realizou un gran torneo. Venceu por 2-0 ao italiano Lorenzo Barbucci e repetiu resultado nos cuartos de final ante o neerlandés Armaan Dubar. Na semifinal, caeu ante o israelí Tom Pashcousky, que finalmente se proclamou campión do torneo.

 

Helena García (-73 kg, Dobok) estivo moi preto de meterse nas medallas. A galega caeu nos cuartos de final ante a eslovena Nika Rudolf por 1-2, nun combate moi disputado. e tamén participou na categoría cadete Noreia Vales (-55, Dobok), que perdeu na primera rolda.

 

 

Print Friendly, PDF & Email