Dúas medallas galegas no Open de Varsovia, da categoría G-1 con máis de mil participantes. Giovanni Imparato (-55, Mace Sport) acadou a prata na categoría júnior, mentres que Iván García (-87, Mat´s) foi bronce en sénior.
A competición de Giovanni na categoría júnior comezou contra o representante de Luxemburgo Alen Je Hubkratok, ao que superou con bastante comodidade (26-15). En segundo rolda, enfrontouse a Muhammad Ahmed (Gran Bretaña) e foi un combate moi axustado que se decidiu por só un punto a favor do noso deportista (26-27). Na semifinal tiña como rival ao deportista de Biolorrusia Siarhei Lukashevich e Imparato venceu por 16-11, acadando así o pase á final do torneo. No último combate o contrario foi o italiano Dennis Baretta, que logrou o ouro (16-11). Espectacular traballo de Giovanni, que finaliza así a súa preparación para o Europeo Júnior, que se celebrará a comezos de outubro.
Pola súa banda, Iván García (-87, Mat´s), que ía no equipo español, logrou a medalla de bronce na categoría sénior. O galego venceu en primeira rolda a Kiryl Lazukov (Bielorrusia) por 8-15 e nos cuartos de final superou con facilidade a Hrvoje Sep (Croacia). En semis, enfrontouse contra o ruso Rafael Kamalov (15-10), que finalmente foi o campión deste Open.
Neste torneo, houbo máis galegos participando. Así, Pablo Patiño (-68, Patiño) competiu na categoría sénior (é júnior) e venceu no primeiro combate a un taekwondista polaco por 5-3. En segunda rolda enfrontouse a Josh Calland (Gran Bretaña), nun combate no que Pablo foi por diante ata os últimos cinco segundos, cuando Calland logrou alcanzalo cunha patada ao casco. Ademais o británico logrou o título.
Miryam García (-62, Patiño) tamén gañou o primeiro combate. Foi á representante de Gran Betaña e por 15-4. En cuartos de final, caeu ante a República Checa por 10-1. O resultado non reflicte o sucedido, porque foi axustado (0-0) ata o terceiro combate. Ao adelantarse á rival, Miryam arriscou e así se lle escapou no marcador. Tamén logrou avanzar una primeira rolda Arlet Ortiz (-57, Mat´s) ao superar a Yuliya Struzhko (Bielorrusia) por 11-3. No seguinte combate esperaba unha deportista lituana, que gañou 0-3.
Ademais, Cloe Iglesias (-59, Patiño) na categoría júnior, caeu en primeira rolda ante a representante de Polonia Justyna Kowalkowska (16-5), que finalmente se proclamou campioa.