Galicia está representada nos Premios Nacionais de Taekwondo correspondentes ao ano 2018. Samuel Meilán, Alejandro Vidal, Alex Costado e Francisco Ortiz serán homenaxeados na gala, que se celebrará a comezos de xullo en Valladolid.
Así, Samuel Meilán recibirá o premio ao mellor deportista de técnica, mentres que Alejandro Vidal é o mellor deportista na modalidade de combate en parataekwondo. Ademais, Samu Meilán tamén recibirá o Premio Nacional ao Técnico Deportivo do ano 2018, como membro do equipo técnico da RFET de poomsae.
Por último, sinalar que no Premio Nacional a unha vida adicada ao taekwondo serán homenaxeados a título póstumo Francisco Ortiz e Alex Costado.