Convocados os premios Excelencia Deportiva.

Os premios anuais á Excelencia Deportiva recoñecen a quen, de entre o alumnado, máis destacara considerando a traxectoria deportiva e a súa conciliación coa vida académica durante o curso 2018/2019

A contía máxima de cada premio será 500 € ao que se lle realizará a retención fiscal que corresponde segundo a lexislación vixente

Requisitos:

Terse matriculado/a no curso académico 2018/2019 en titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento da universidade de Vigo.

Ter participado nos anos 2018 e/ou 2019 en campionatos deportivos interuniversitarios en representación da Universidade de Vigo, ou en competicións federadas.

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario á solicitude non será tramitada.

Documentación:

No momento de facer a solicitude debes subir a seguinte documentación:

En relación cos méritos deportivos: documentación acreditativa da participación nas competicións deportivas que desexe sexan avaliadas.

En relación cos méritos académicos: deberase achegar a documentación acreditativa só no caso de alumnado que non cursara estudos na Universidade de Vigo no 2017/2018

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/394

Print Friendly, PDF & Email