Xa está en marcha o Plan Corresponsables 2024 na Federación Galega de Taekwondo! Hai so  uns días presentouse, no CGTD en Pontevedra, o proxecto no que participarán once ximnasios galegos (Sares TKD, Couto, Natural Sport, TKD Juan Cee, Sada, Taekanart, Mace Sport, DBK Taekwondo, Jansu, Ssiu e Hebe) que desenvolverán actividades deportivas para “axudar a conciliación familiar” durante catro meses (de xullo a outubro).

 

A previsión é alcanzar a un total de 800 nenos e nenas que terán a posibilidade de achegarse ao taekwondo de forma gratuíta, coñecer a novos amigos e amigos, nun proxecto patrocinado polo Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo prioritario favorecer a conciliación familiar.

Print Friendly, PDF & Email