Rematou o Mundial de Técnica e Freestyle de Korea e como sempre cunha magnífica actuación dos nosos representantes, que hoxe deron a cara en todas as finais disputadas. Raquel Guillén (Tao) e o trío cadete foron quintos; mentres que en freestyle Manu Paz foi sétimo e o quinteto de -17 anos, sexto.
En sénior 1, Raquel Guillén (Tao) acadou a quinta posición, despois dunha fantástica actuación, na que superou a Kenia, Brasil e Francia. Caeu nos cuartos de final, ás portas das medallas, ante Dinamarca, pero facendo un gran traballo con moita forza.
O trío cadete, formado por Lucas Yelo (Kiap), Aitor Teijeiro (Neka) e Pepe Soto (TKD Sada), tamén acadou a quinta posición, perdendo no seu enfrontamento ante a potente Korea.
Ademais, en freestyle tivemos dúas participacións galegas. Manu Paz (Hebe) rematou na sétima posición en free individual +18, mentres que o quinteto de -17 anos, formado por Iria Rodríguez, Ángela Paz, Iago Gil, Hugo Sánchez e Antón Sabín, do Hebe) rematou nunha moi boa sexta posición.