Redondela será este sábado 24 de maio a sede do taekwondo galego coa celebración do Campionato Galego de Exhibición absoluto e o Campionato Galego Escolar de Técnica, Freestyle e Exhibición. Serán más de 800 os deportistas que competirán en xornada de mañá e de tarde no Pavillón da Marisma.
A competición, organizada polo Club Omnihum, iniciarase as 9:00 horas e desenvolverase de forma simultanea en seis tapices. No Campionato Galego de Exhibición participarán 57 taekwondistas, mentras que na competición escolar 649 deportistas competirán en Técnica, 24 farano en Freestyle e 78, en Exhibición. En Técnica competirase en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en individual, parella e trío, mentres que en Freestyle e Exhibición somentes haberá categoría infantil e cadete. Na xornada de mañá terá lugar exclusivamente a competición de Técnica escolar e pola tarde a de Exhibición adultos e as escolares de Freestyle e Exhibición.

Todas as competicións están supervisadas pola Federación Galega de Taekwondo, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela. Na presentación de ambos campionatos, que tivo lugar no Concello de Redondela, participaron a alcaldesa Digna Rivas; o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro; a vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez; a presidenta do Club Omnihum, Bea Queiro, e o director deportivo do clube Yago Bernárdez.
O Campionato Galego Escolar forman parte do programa de Deporte Escolar Xogade, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.
A entrada ao Pavillón da Marisma será de balde. As entregas de medallas está previsto que se celebren ás 12:30 e 17:30 horas.








