O Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, que se celebrou esta semana en Austria, rematou no día de hoxe con máis medallas galegas. Galicia participou total ou parcialmente (nos equipos do CAR) en dous ouros e tres bronces, pechando así unha actuación estelar neste Europeo cun total de 5 ouros, dúas pratas e sete bronces. España logrou proclamarse campioa de Europa na clasificación por equipos (masculina, feminina e xeral) e para iso foron claves os metais sumados polos deportistas galegos/as.

 

A parella do Tao, formada por Raquel Guillén e Tomás Fernández Herrerín, logrou proclamarse campioa de Europa en parella 1, cunha actuación de luxo. Primeiro ouro do día, que pouco despois tivo como acompañante o acadado polo trío cadete feminino do  CAR, que tamén se proclamou campión de Europa. Neste trío tivemos participación galega, da man de Jessy Sun, que formou equipo con Noa Zárate e Noa Campillo. Ao podio, pero na terceira posición, tamén subiu o trío júnior feminino do CAR, que tamén tiña participación galega, a taekwondista Ana Llin Shin.

 

E non rematou aquí a suma de metais para Galicia. O trío cadete masculino, formado por Hugo Arnoso, Adrián Vidal e Miguel Antón Rosende (TKD Sada), logrou a medalla de bronce, mentres que en freestyle o quinteto formado por Rubén Galdo, Pepe Soto, Yaiza Velo, Inés Abuín e Irea Abuín (TKD Sada) tamén foi quen de subir ao podio para recoller a medalla de bronce.

 

Noraboa a todas e todos!! EQUIPAZO!!!

Print Friendly, PDF & Email