A Federación Galega de Taekwondo acaba de sacar un novo modelo de equipaxe para o taekwondo galego. Un deseño feito en tempo de desescalada, co obxectivo de seguir adiante, co optimismo e valentía que nos avala e as gañas de seguir loitando polo noso.
Así, presentámosvos o novo pack de roupa da FGT, formado por unha camiseta e unha sudadeira con deseño moi actual e moderno, perfecto para lucilo pola rúa. Así que queremos ver as rúas de Galicia cheas das nosas camisetas! Imos reivindicar o papel do taekwondo galego e dos nosos clubs. Así que non tardes en facer o encargo no teu club, ao que desta forma poderedes axudarlles un pouquiño nestes intres especialmente complicados.
Porque somos unha familia, a familia do #TaekwondoGalego!