O sábado 6 de marzo celebrouse en Ourense o Campionato Galego Absoluto de Combate, primeira proba disputada en Galicia dende o inicio da pandemia da COVID-19.
Na clasificación xeral de clubs, proclamouse campión galego o Natural Sport Riveira (con 60 puntos), ocupando a segunda posición o Patiño Moaña (39 puntos) e terceiro, o Maniotas-Noia (26). Na clasificación masculina venceu o Natural e na feminina, o Couto. Ademais, foron elixidos mellores competidores do torneo Brais Iglesias (Natural Sport) e Ainoha García (Couto).
O torneo, que contou coa participación de 80 deportistas, cumpriu un estrito protocolo de prevención, que ía dende a realización de test de antíxenos a todas e todos os participantes, á desinfección de todo o material entre combate e combate, utilización de máscaras, e reserva de espazos para quencemento e vestiarios por clubs.
Na seguinte ligazón tedes o medalleiro ao completo: