Onte celebrouse o Open de Francia de técnica coa presenza da selección galega de técnica e de varios deportistas galegos que viaxaron cos seus clubs. O taekwondo galego volveu amosar as súas enormes cualidades neste torneo e acadaron varias medallas.

Así, a selección galega logrou un total de 9 medallas (2 ouros, 3 pratas e 4 bronces). Yaiza Velo (Sada) logrou a medalla de ouro na categoría cadete e ademais a parella cadete formada por Francisco Ramos e Yaiza Velo (Sada) tamén acadou a primeira posición. O cadete Daniel Areán (Neka) foi prata e na categoría júnior, Tomás Fernández (Kiap) conseguiu a medalla de prata. Ademais, Sonia Pérez (Hebe) logrou a segunda posición en máster 1. Os bronces foron para: Alejandro Losada (Neka) e Alejandro Losada (Tao) en sénior 1; a parella 1 formada por Alejandro Losada e Raquel Guillén (Tao) foron bronce e Esperanza Fernández (Couto) logrou o bronce en máster 2.

Ademais, temos que destacar as medallas acadadas por deportistas que viaxaban co seu club. As parellas cadete do Neka lograron magníficos resultados. Daniel Areán e Karla Novo conseguiron a medalla de prata e Laura Álvarez e Marco García foron bronce. E Vanessa Ortega (Hebe) foi prata en sénior 2.

 

Noraboa a tod@s!! Hoxe continúa o Open de Francia coa modalidade de combate.

Print Friendly, PDF & Email